29 feb 2016

Sociais e Naturais ... tamén tocan!

Rematamos o mes de febreiro, que este ano ten 29 días.Polo tanto están de noraboa os nacidos nese fermoso día que lles fai ser máis novos.
Durante este mes, entre outros temas, traballamos o  tempo meteorolóxico dun xeito distinto . Convertímonos por uns intres no noso home do tempo galego máis famoso: Martín Barreiro. Ao mesmo tempo, vimos que uns sinxelos salvamanteis que nos soen poñer nalgún restaurante , podémolos REUTILIZAR.




















En Ciencias da Natureza, estivemos repasando  A Pirámide dos Alimentos,Tesoiras, pegamento... e mans á obra!














Grazas  tamén ás familias que sempre vos involucrades no traballo dos vosos fillos. Así puidemos ver, curiosear libros tan fantásticos sobre o noso corpo.






6 feb 2016

Filloas, orellas... que o entroido xa chegou!

O venres, 5 de febreiro, non pareciamos os mesmos. Todos e todas quixemos ser por uns momentos outros personaxes do mundo que nos arrodea. E así convertímonos en ... policías, en bruxas, en bombeiros...
Mellor vos deixamos unhas imaxes.








1 feb 2016

Día da non violencia

O venres, 29,  todo o alumnado do noso cole, recordamos o importante que é estar entre todos nós nun ambiente de paz e tranquilidade, de respeto e amizade. Pero antes , coma de costume, colaboramos na preparación do mural adicado ao Día da Paz. Coas nosas manciñas, representamos un campo de fermosas flores ao pé dunha gran árbore poblada de mensaxes pacíficos.





22 ene 2016

Xaneiro e ... retomar rutinas!

Despois das datas navideñas, toca coller folgos de novo e continuar o curso.
Tras preparar uns fermosos renos, que nos levaron a disfrutar do Nadal , e de demostrar as nosas dotes musicais, nas que Pedro nos guía,  as nosas familias puideron ver que versionamos calquera panxoliña ao estilo que desexamos. Desta vez toulle ao Rap. Irreconocibles !





















E, hoxe, día vintedous de xaneiro... tivemos a nosa primeira experiencia como grandes corredores. Cos nosos dorsais no peito , participamos na nosa primeira carreira CAMPO A TRAVÉS. Que inquietude e emoción! Vimos nenas e nenos doutros centros escolares do concello de Carballo. Todos queriamos competir, intentar chegar de primeiros  á meta.